o teu programa
o teu programa
  • Inicio
  • Información
  • Contacto

Crea tu propia página web con Webador

Galiza Metálica, programa de radio que naceu da man de Patty Castro en Outubro de 2021 .

 

E en xaneiro de 2022 créase como programa quincenal  tamén en formato de podcast comezando a emitirse en Antena Minho de Braga, grazas a colaboración con Filipe Marta do programa S.O.S Heavy-Metal Radio Show.

Actualmente en 2024 é un programa semanal, e está activo  en dúas radios, unha portuguesa e a outra galega. E na 106.1 FM de radio piratona de vigo, e na 106.0 FM de Antena Minho De braga. Ademais pódese escoitar en formato podcast  en varias plataformas como spotify, google podcast, ivoox , itunes e podgalego .

 

A presentadora e creadora do programa, Patty Castro é coñecida por ser vocalista de bandas de rock e metal e a creadora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras que desarroia como cpmunicadoran en diferentes medios.A súa parella no programa e no sentimental e o  recoñecido presentador e locutor Filipe marta de S.O.S metal radio show,  o programa mais lonxevo en Portugal no ar , 38 anos , facendo un programa adicado a música metal, toda unha lenda que apostou polo Galiza Metálica fundindo a súa experiencia persoal e mais de 5 anos en antena adicados a pasar semanalmente música de bandas galegas.

 

 Galiza Metálica ten diferentes formatos, sempre semalmente, con 3 horas onde vas a escoitar o mellor  rock e metal.No Primeiro programa do mes atopaste con axenda, novedades e seccións como Cita co underground de Oscar Besteiro, onde vas a poder poñerte ao día de como respira a escea metaleira da galiza.Tamén contamos con dúas colaboradoras coas súas respectivas seccións, Tebra Ignota de Leti de Liberar al Kraken os sons mais escuros, ou Galleta Cósmica de Andrie Stornergasm ,os sons mais grasentos.

 

O segundo Galiza metálica do mes é de Mulleres Galegas Kañeras. O proxecto persoal de Patty Castro  de visibilización femenina das mulleres da música rock, heavy e metal na galiza e tamén fora ,cumple 10 anos.Neste programa poderemos ter as #entrevistasMGK onde coñeceremos mellor a estas mulleres , entenderemos de primeira man a súa evolución no musical e con sorte axudará a crear #referentesgalegosfemeninos que sexan impulsores de novas músicas.

 

Ademais coñeceremos sobre a historia dos nosos referentes femeninos galegos mais kañeros e as súas bandas, e temos a sección Mulleres no Metal, que ven apoiada pola revista especializada en música metal, Metal Hammer España .Nesta parte poderemos coñecer mais a fondo musicalmente a bandas de determinado país que conteñan nas súas filas a mulleres, total ou parcialmente.

 

No Terceiro  galiza metálica do mes estará adicado as bandas que se moven polo territorio da antiga Ghallaecia. Filipe  Marta e Patty Castro e Marta son os encargados do festival Ghallaecia Metalfest, un festival adicado a crear lazos entre bandas do antigo territorio Galaico. Neste programa descubriremos mellor os noso veciños de norte de Portugal , Zamora, León ou Asturias.

 

E para rematar o mes teremos un Galiza Metálica coa sección Metalizando a Rapazada con Aldara  de 12 anos e Ariadna de 10 anos. As fillas de Patty acompáñanos nunha viaxe de descobrimento das raíces do rock e metal, das bandas mais marcantes e ábrenos o programa a coñecer libros e películas sobre o que falamos. E para rematar as 3 horas imos a somerxernos no metal que mais nos gusta a nivel internacional.

 

Dende que comezou o programa conseguimos moito, o primeiro e ter un programa de música que nos gusta escoitar, ben feito e pensado para o oínte, variado, con humor, con lírica e tamén moi cercano. Non é un programa de metal ao uso.Tenta dar prioridade as mulleres , como forma de aportar bos valores e ademais coñecer boas bandas.Tamén aposta pola cultura e a lingua , no programa ademais de emitirse en 2 países diferentes e cubrir todo o norte de Portugal e Sur da Galiza,está realizado por dous presentadores, unha galega, e outro portugués que falan cada un na súa lingua.Por eso mesmo fomentase o intercambio cultural e o achegamento de bandas e público a coñecerse mellor en ambos lados do Minho.Para rematar decir que coa sección de Metalizando a Rapazada , tamén se intenta fomentar unha educación musical e cultural para as novas xeracións.Asi pois desfrutade se podedes deste programa de radio tan noso, tan galego e portugués.

Podes escoitar o programa todos os luns para martes 00:00 hora portuguesa e sábados de 1:00 a 4:00 AM na 106.0 FM de Antena Minho.

 Os mércores de 22:00 para 1:00 A.M  e o venres de 12:00 a 15:00 hora galega en Radio piratona n a106.1 FM de vigo 

 


REDES SOCIAIS


ESCOITA


IVOOX

 

 

https://go.ivoox.com/sq/1393584

SPOTIFY

https://open.spotify.com/show/5z4g1FnD82qPHWBaXoMud8?si=18a55ff798844520

PODGALEGO

 

https://podgalego.agora.gal/galiza-metalica/

GOOGLE PODCAST

https://podcasts.google.com/feed/aHR0cHM6Ly93d3cuaXZvb3guY29tL3BvZGNhc3QtZ2FsaXphLW1ldGFsaWNhX2ZnX2YxMTM5MzU4NF9maWx0cm9fMS54bWw


ÁRBORE DE LIGAZÓNS

PONTE EN CONTACTO POLO MAIL 

galizametalica@gmail.com

O NO TELÉFONO 

687429349

© 2023 - 2025 GALIZA METÁLICA
Con la tecnología de Webador